Plan de igualdade
Temos un compromiso coa sociedade: somos motor de cambio e modelo de referencia para unha igualdade real entre homes e mulleres
Para cumprir con este compromiso e traballar na mellora continua, creamos o III Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo (2020/2024), o instrumento político para a continuación das políticas de igualdade de xénero, un plan cuadrienal, participativo e dinámico.
Este plan está axustado á realidade, pois aínda que poida parecer ambicioso, é factible e está deseñado para acadar os obxectivos propostos. Así mesmo, é un plan integrador que pretende incidir positivamente en toda a comunidade universtaria, conciliando intereses, creando entornos de relacións máis igualitarios e aspirando tamén á igualdade entre as diferentes expresións de diversidade sexual.
Por suposto, é transversal, xa que as accións propostas alcanzan todos os nosos órganos, estruturas e servizos, así como as persoas que os ocupan ou os dirixen co obxectivo de naturalizar o principio de igualdade de xénero en todas as fases da actividade universitaria para acadar a excelencia.
Se queres ler o plan completo, podes descargalo máis abaixo